Sector primario
A dixitalización do sector primario é clave para mellorar a súa eficiencia e garantir a trazabilidade dos alimentos.
Experiencia Sectorial
Nunha contorna cada vez máis competitiva e regulada, a tecnoloxía é unha aliada estratéxica que pode axudar a dar o impulso á economía deste sector.
A dixitalización ten un enorme potencial para a mellora da eficiencia, a sustentabilidade ou a competitividade das explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e acuícolas.
Somos expertos no uso de tecnoloxías como os Sistemas de Información Xeográfica (GIS), que permiten a monitorización en tempo real e brindan apoio ás actividades do sector, facilitando unha xestión precisa e eficiente de terras, pastos e recursos naturais.
As plataformas baseadas en GIS, IoT, Big Data e Intelixencia Artificial están gañando protagonismo debido ao seu impacto positivo na transformación das explotacións agrícolas e acuícolas, modernizando os métodos tradicionais de xestión e optimizando a toma de decisións para unha maior sustentabilidade e produtividade.
Proxectos
no sector
Trazabilidade
integral
Detección anticipada
de riscos
Monitorización
en tempo real
Intelixencia XeoespacialAgrícola
Levamos GIS e analítica de datos ao campo.
Integramos información xeográfica e produtiva para que o sector agrícola tome decisións con datos reais, mellorando a competitividade e a visión territorial do cultivo.
Trazabilidade e Xestión Dixital
Desenvolvemos solucións dixitais para o sector lácteo en dous eixes principais.
Por un lado, aplicacións de xestión técnica de gandarías: captura automática de datos analíticos, seguimento reprodutivo e sanitario por animal, xestión de visitas e rutas de técnicos, e informes automatizados para os servizos veterinarios.
Por outro, integración e estruturación de datos heteroxéneos ao longo da cadea de valor, conectando produtores primarios, laboratorios e industria en plataformas de trazabilidade sobre as que aplicar intelixencia artificial.
Monitorización e Control Forestal
Tecnoloxía LiDAR, imaxes satelitais e xestión de expedientes nun mesmo ecosistema dixital.
Construímos as ferramentas que necesitan as administracións para gobernar o monte, previr riscos e dinamizar o sector forestal.
Visión Operativa Marítima
Desenvolvemos xeovisores e sistemas de información que integran datos meteorolóxicos, cartográficos e operativos para dar ao sector unha visión completa da súa actividade no mar.
Análise e Control Acuático
As nosas plataformas GIS mariñas e ferramentas de análise permiten controlar a produción e protexer os ecosistemas acuáticos con datos precisos e actualizados.

¿Falamos?
O noso equipo cre no teu proxecto tanto coma ti
A proximidade nas nosas relacións e a transparencia en cada acción que realizamos son os valores fundamentais que nos definen, que nos permiten construír conexións de confianza tanto internamente como cos nosos clientes e socios.