Sixtema entra no Top 5 de empresas innovadoras segundo o Ranking ARDÁN 2025
Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia.
Máis aló da posición, este recoñecemento chega nun momento especial: este ano cumprimos 20 anos como empresa tecnolóxica galega. É unha confirmación de algo que forma parte do noso ADN desde o primeiro día: a innovación como forma de traballar.
Que recoñece o Ranking ARDÁN?
O Ranking de empresas innovadoras do informe ARDÁN, impulsado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, é referencia na análise da competitividade empresarial galega. A través do Indicador de Empresa Innovadora, o informe identifica ás empresas que demostran unha capacidade sostida para xerar valor mediante a innovación en produtos, procesos e modelos de negocio.
Nesta nova edición, Sixtema volve obter o Indicador e ademais ascende da 7ª á 4ª posición, un salto que pon en valor o noso traballo no ecosistema tecnolóxico galego.
20 anos de traxectoria apostando pola innovación
Nestas dúas décadas evolucionamos xunto aos nosos clientes, incorporando novas tecnoloxías e respondendo a novas necesidades:
- Creamos solucións innovadoras para a dixitalización de organizacións públicas e privadas.
- Aplicamos tecnoloxías como os Sistemas de Información Xeográfica (GIS) e a intelixencia artificial para mellorar a toma de decisións e a eficiencia.
- Participamos en proxectos avanzados de xestión e visualización de datos procedentes de UAVs (drons).
Comprometidos co Futuro
Este logro impúlsanos a seguir avanzando. Para Sixtema, a innovación é máis ca un indicador: é a nosa forma de traballar e a base da nosa estratexia para enfrentar os desafíos do mañá.
Grazas a todo o equipo pola súa paixón e dedicación. Estes logros son posibles grazas ao seu traballo diario.
LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:
- Consultar…
Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…
Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…