Ir o contido principal

Sixtema presenta LEVAD-360: Intelixencia Artificial aplicada ao coñecemento corporativo

Sixtema presenta LEVAD-360: Intelixencia Artificial aplicada ao coñecemento corporativo

¿Qué é LEVAD-360?
PresentaciónLevad360
COMPARTIR
DATOS

Data

20 Mar, 2026

Categoría

Novas

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar información en linguaxe natural, sen necesidade de coñecer os repositorios nin as estruturas de almacenamento.
  • Analizar documentos e obter respostas enriquecidas con contexto.
  • Validar a información grazas a citas e fontes asociadas a cada resposta.
  • Extraer en segundos requisitos, prazos e puntos críticos a partir de documentación extensa.
  • Xerar resumos accionables que aceleran a toma de decisións.

O noso compañeiro Daniel Zas presentou a ferramenta na Cidade das TIC, dentro do evento “Proxectos IA360 – Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, organizado polo Clúster TIC Galicia.

Durante a sesión mostrouse como LEVAD-360 permite poñer en valor o coñecemento xa existente na organización e reducir o tempo dedicado a buscar, contrastar e resumir información dispersa en distintos repositorios.

Tecnoloxía ao servizo do coñecemento interno

A ferramenta baséase nunha arquitectura avanzada (RAG - Retrieval-Augmented Generation) que integra os datos internos da empresa cun sistema de busca intelixente para ofrecer respostas precisas e trazables. Todo isto xestiónase a través dunha interface sinxela deseñada para que calquera perfil da organización poida traballar coa información de forma áxil.  

Deste xeito, LEVAD-360 axuda a que o coñecemento corporativo sexa máis accesible e confiable, resolvendo un problema moi común en moitas organizacións: a dificultade para localizar e aproveitar a información xa dispoñible.

O proxecto LEVAD-360 desenvolveuse co apoio do Igape – Instituto Galego de Promoción Económica, a través do programa IA360, no marco dos fondos europeos NextGenerationEU.

Con iniciativas coma esta, en Sixtema seguimos apostando pola innovación, achegando as capacidades da intelixencia artificial ao día a día das organizacións. 

DO TEU INTERESE

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar…

Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…

Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…