Ir o contido principal

Sixtema entra no Top 5 de empresas innovadoras segundo o Ranking ARDÁN 2025

Ardán
COMPARTIR
DATOS

Data

20 Mar, 2026

Categoría

Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia. 

Máis aló da posición, este recoñecemento chega nun momento especial: este ano cumprimos 20 anos como empresa tecnolóxica galega. É unha confirmación de algo que forma parte do noso ADN desde o primeiro día: a innovación como forma de traballar. 

Que recoñece o Ranking ARDÁN? 

O Ranking de empresas innovadoras do informe ARDÁN, impulsado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, é referencia na análise da competitividade empresarial galega. A través do Indicador de Empresa Innovadora, o informe identifica ás empresas que demostran unha capacidade sostida para xerar valor mediante a innovación en produtos, procesos e modelos de negocio. 

Nesta nova edición, Sixtema volve obter o Indicador e ademais ascende da 7ª á 4ª posición, un salto que pon en valor o noso traballo no ecosistema tecnolóxico galego. 

20 anos de traxectoria apostando pola innovación 

Nestas dúas décadas evolucionamos xunto aos nosos clientes, incorporando novas tecnoloxías e respondendo a novas necesidades:  

  • Creamos solucións innovadoras para a dixitalización de organizacións públicas e privadas.  
  • Aplicamos tecnoloxías como os Sistemas de Información Xeográfica (GIS) e a intelixencia artificial para mellorar a toma de decisións e a eficiencia.  
  • Participamos en proxectos avanzados de xestión e visualización de datos procedentes de UAVs (drons). 

Comprometidos co Futuro 

Este logro impúlsanos a seguir avanzando. Para Sixtema, a innovación é máis ca un indicador: é a nosa forma de traballar e a base da nosa estratexia para enfrentar os desafíos do mañá.  

Grazas a todo o equipo pola súa paixón e dedicación. Estes logros son posibles grazas ao seu traballo diario. 

DO TEU INTERESE

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar…

Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…

Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…

Sixtema, exemplo do crecemento do sector TIC en Galicia

A visita institucional á nosa oficina por parte da Xunta de Galicia pon en valor o papel de Sixtema como referencia do sector TIC galego e aliado na transformación dixital.
VisitaSixtema
COMPARTIR
DATOS

Data

20 Mar, 2026

Categoría

Novas

Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro que se enmarca na aposta da Xunta de Galicia por reforzar o papel do sector TIC como motor de competitividade e crecemento económico.

Diversos medios fixéronse eco da visita, destacando a Sixtema como exemplo do crecemento do sector TIC en Galicia. Durante o acto, a conselleira avanzou o borrador do novo Plan Director do sector TIC, cun orzamento estimado de 60 millóns de euros para os próximos dous anos, orientado a seguir impulsando o desenvolvemento tecnolóxico na comunidade.

O papel do sector TIC en Galicia

Tal e como recollen as informacións publicadas, o sector TIC galego experimentou un crecemento significativo nos últimos anos, incorporando miles de novos profesionais e aumentando o seu peso na economía ata poder considerarse un sector industrial en si mesmo.

Neste contexto, sublíñase que empresas como Sixtema son fundamentais para acompañar ás pemes na súa transformación dixital, facilitando a incorporación de tecnoloxía nos seus procesos produtivos, na organización interna, na comercialización e no desenvolvemento de novos produtos e servizos.

Compromiso coa innovación

Para Sixtema, ser sinalados como exemplo do modelo de empresa tecnolóxica que Galicia quere impulsar é, á vez, un recoñecemento e un compromiso de futuro. O noso obxectivo segue sendo poñer a innovación ao servizo das organizacións públicas e privadas, facilitando a integración de tecnoloxías como a analítica de datos, a intelixencia artificial ou as solucións dixitais avanzadas.

Este fito reforza o noso compromiso co sector tecnolóxico galego e co desenvolvemento de proxectos que xeren impacto real no día a día das empresas.

Grazas a todo o equipo de Sixtema polo seu traballo e dedicación. Este tipo de recoñecementos son posibles grazas ao esforzo colectivo e ao talento que hai detrás de cada proxecto. 

DO TEU INTERESE

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar…

Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…

Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…

Sixtema presenta LEVAD-360: Intelixencia Artificial aplicada ao coñecemento corporativo

¿Qué é LEVAD-360?
PresentaciónLevad360
COMPARTIR
DATOS

Data

20 Mar, 2026

Categoría

Novas

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar información en linguaxe natural, sen necesidade de coñecer os repositorios nin as estruturas de almacenamento.
  • Analizar documentos e obter respostas enriquecidas con contexto.
  • Validar a información grazas a citas e fontes asociadas a cada resposta.
  • Extraer en segundos requisitos, prazos e puntos críticos a partir de documentación extensa.
  • Xerar resumos accionables que aceleran a toma de decisións.

O noso compañeiro Daniel Zas presentou a ferramenta na Cidade das TIC, dentro do evento “Proxectos IA360 – Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, organizado polo Clúster TIC Galicia.

Durante a sesión mostrouse como LEVAD-360 permite poñer en valor o coñecemento xa existente na organización e reducir o tempo dedicado a buscar, contrastar e resumir información dispersa en distintos repositorios.

Tecnoloxía ao servizo do coñecemento interno

A ferramenta baséase nunha arquitectura avanzada (RAG - Retrieval-Augmented Generation) que integra os datos internos da empresa cun sistema de busca intelixente para ofrecer respostas precisas e trazables. Todo isto xestiónase a través dunha interface sinxela deseñada para que calquera perfil da organización poida traballar coa información de forma áxil.  

Deste xeito, LEVAD-360 axuda a que o coñecemento corporativo sexa máis accesible e confiable, resolvendo un problema moi común en moitas organizacións: a dificultade para localizar e aproveitar a información xa dispoñible.

O proxecto LEVAD-360 desenvolveuse co apoio do Igape – Instituto Galego de Promoción Económica, a través do programa IA360, no marco dos fondos europeos NextGenerationEU.

Con iniciativas coma esta, en Sixtema seguimos apostando pola innovación, achegando as capacidades da intelixencia artificial ao día a día das organizacións. 

DO TEU INTERESE

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar…

Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…

Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…

Promovemos o talento

Únete a un equipo guiado pola innovación e o compromiso. Descubre os nosos valores e atopa a oportunidade profesional que buscas

Aproveita a túa oportunidade →

SIXTEMA

Conexións de confianza

En Sixtema, as persoas son o corazón da organización e a tecnoloxía e a innovación son o motor que impulsa o noso progreso constante.
É por iso que promovemos o desenvolvemento e o crecemento continuos como parte do noso camiño cara ao éxito e cremos firmemente na importancia da flexibilidade e a conciliación da vida laboral e familiar.

Ampliamos o noso equipo

Convidámoste a unirte ao noso equipo e contribuír á creación de solucións de vangarda.

WEB

Non atopas unha oferta que se axuste ao teu perfil?

Non pasa nada! En Sixtema seguimos medrando e sempre estamos na procura de novo talento. 🚀 Se cres que poderías encaixar coa nosa maneira de traballar, invitámoste a enviarnos o teu CV a través desta ligazón. Así poderemos coñecerte mellor, ter en conta a túa traxectoria e valorar a túa candidatura en futuros procesos. 📩
Encantaríanos descubrir todo o que podes achegar ao noso equipo.

100% Remoto
Xornada completa

Solicitar

Máximo un arquivo.
Límite de 30 MB.
Tipos permitidos: txt, rtf, pdf, doc, docx, odt, ppt, pptx, odp, xls, xlsx, ods.
Políticas
CAPTCHA

A innovación despega no sector lácteo galego

O innovador proxecto SmarTZ4Milk marca un fito na modernización do sector lácteo galego cara á dixitalización, a sustentabilidade e a mellora da trazabilidade
La innovación despega en el sector lácteo de Galicia
COMPARTIR
DATOS

Tempo de lectura

4 min

Data

08 Xan, 2025

Categoría

Novas

Cun orzamento total de 16,8 millóns de euros e unha axuda de 9,7 millóns de euros, o proxecto conta con financiamento do Ministerio de Industria e Turismo (MINTUR) e da Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.


Liderado polo Grupo Lence e promovido polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) a través da Oficina Técnica Alimentaria Next Generation Galicia, SmarTZ4Milk conta coa participación activa de diversas empresas colaboradoras. En total participan 11 empresas, entre elas 7 do sector lácteo: Grupo Lence, CAPSA FOOD, Grupo Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN e ACOLACT), Bico de Xeado, Queizuar e Queixería Prestes. Ademais, empresas tecnolóxicas como Grupo AMSlab, ASM Soft, Plexus Tech e Sixtema están aportando a súa experiencia en solucións dixitais innovadoras. Tamén conta coa colaboración de universidades galegas como a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela, así como o Centro Tecnolóxico de Galicia (ITG), aportando coñecemento e apoio técnico.

Smartz4Milk ten como principal obxectivo mellorar a competitividade do sector lácteo galego mediante a dixitalización, a automatización e o uso de tecnoloxías avanzadas, promovendo prácticas sostibles e mellorando a trazabilidade dos produtos. Os piares do proxecto son:

  • Competitividade: aumentar a competitividade mediante a dixitalización e a automatización de procesos.
  • Innovación tecnolóxica: utiliza intelixencia artificial, big data, blockchain e outras tecnoloxías para mellorar a eficiencia e a calidade.
  • Sostibilidade: Promover procesos ambientais sostibles e prácticas de economía circular.
  • Trazabilidade: Garantir a trazabilidade e a integridade dos produtos lácteos desde a produción ata o consumidor

Utilizaranse tecnoloxías de vangarda, como intelixencia artificial, Big Data, Blockchain e sensores avanzados.

Mellorar a eficiencia, a calidade e a trazabilidade na cadea de valor láctea, así como facilitar a recollida de datos en tempo real. No desenvolvemento da ferramenta de trazabilidade e toma de decisións aplicaranse as tecnoloxías máis avanzadas, incluíndo Quantum AI e Blockchain. Esta ferramenta será fundamental para integrar información e permitir unha óptima toma de decisións mediante o uso da intelixencia artificial.
Todos os axentes da cadea de valor láctea, tanto gandeiros como industrias, deben achegar unha gran cantidade de datos sobre calidade e seguridade alimentaria, xestión de instalacións, entre outros, a través de diversas plataformas de comunicación con distintas administracións. Sixtema xoga un papel fundamental traballando nunha ferramenta integradora de datos de calidade e seguridade alimentaria para mellorar a xestión interna e optimizar o rendemento operativo das empresas participantes.
Con 27 meses de duración, SmarTZ4Milk estará rematado en xuño de 2025, marcando unha nova era no sector lácteo galego.

DO TEU INTERESE

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar…

Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…

Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…

Web e App que revolucionan a predición do tempo en Galicia

MeteoGalicia é líder indiscutible en predición meteorolóxica para a comunidade galega. Unha valiosa ferramenta desenvolvida por Sixtema
Web y App que revolucionan la predicción meteorológica en Galicia
COMPARTIR
DATOS

Tempo de lectura

5 min

Data

08 Xan, 2025

Categoría

Novas

MeteoGalicia é líder indiscutible en predición meteorolóxica para a comunidade galega. Ao longo da nosa colaboración neste proxecto, vimos como se converteu na web máis visitada da Xunta de Galicia, revolucionando a forma na que os galegos consultamos a predición meteorolóxica.

Máis de 2 millóns de visitas desde o seu lanzamento

O portal de MeteoGalicia non só destaca polo seu gran número de visitantes, máis de 2 millóns dende a súa posta en marcha!, senón que tamén integra funcionalidades avanzadas que melloran notablemente a experiencia do usuario. Cunha estrutura optimizada, usabilidade mellorada e organización eficiente, o sitio web ofrece un acceso sinxelo e rápido a:
Predicións do tempo: Consultas detalladas sobre o tempo en calquera recuncho de Galicia.
Estado das praias, do mar e das mareas: información vital para quen desfrute da costa galega.
Visualización de mapas por satélite e radar: monitoriza os fenómenos meteorolóxicos en tempo real.
Datos da estación meteorolóxica: datos precisos e actualizados directamente das nosas estacións repartidas por toda a rexión.

  • Predicións do tempo: Consultas detalladas sobre o tempo en calquera recuncho de Galicia.
  • Estado das praias, do mar e das mareas: información vital para quen desfrute da costa galega.
  • Visualización de mapas por satélite e radar: monitoriza os fenómenos meteorolóxicos en tempo real.
  • Datos da estación meteorolóxica: datos precisos e actualizados directamente das nosas estacións repartidas por toda a rexión.

Pero iso non é todo. A aplicación móbil MeteoGalicia, dispoñible en iOS e Android, rexistrou máis de 65 mil descargas en 2023, o que reflicte a súa popularidade e utilidade. Esta aplicación é o teu mellor aliado para planificar todo, desde un día de praia ata unha excursión á montaña, ou incluso para decidir se necesitas levar un paraugas. Grazas á información precisa e en tempo real que ofrece, podes axustar os teus plans con total confianza e despedirte das sorpresas meteorolóxicas. 
E ti? Xa o usaches? Descarga a aplicación no teu móbil e mantéñase sempre ao día do tempo. Con MeteoGalicia, cada día é unha oportunidade para planificar con seguridade e gozar do mellor tempo posible.

En Sixtema buscamos formas de seguir innovando e ofrecer solucións tecnolóxicas de alta calidade que faciliten a vida dos usuarios.

DO TEU INTERESE

LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:

  • Consultar…

Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…

Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…