A innovación despega no sector lácteo galego
Cun orzamento total de 16,8 millóns de euros e unha axuda de 9,7 millóns de euros, o proxecto conta con financiamento do Ministerio de Industria e Turismo (MINTUR) e da Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.
Liderado polo Grupo Lence e promovido polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) a través da Oficina Técnica Alimentaria Next Generation Galicia, SmarTZ4Milk conta coa participación activa de diversas empresas colaboradoras. En total participan 11 empresas, entre elas 7 do sector lácteo: Grupo Lence, CAPSA FOOD, Grupo Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN e ACOLACT), Bico de Xeado, Queizuar e Queixería Prestes. Ademais, empresas tecnolóxicas como Grupo AMSlab, ASM Soft, Plexus Tech e Sixtema están aportando a súa experiencia en solucións dixitais innovadoras. Tamén conta coa colaboración de universidades galegas como a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela, así como o Centro Tecnolóxico de Galicia (ITG), aportando coñecemento e apoio técnico.

Smartz4Milk ten como principal obxectivo mellorar a competitividade do sector lácteo galego mediante a dixitalización, a automatización e o uso de tecnoloxías avanzadas, promovendo prácticas sostibles e mellorando a trazabilidade dos produtos. Os piares do proxecto son:
- Competitividade: aumentar a competitividade mediante a dixitalización e a automatización de procesos.
- Innovación tecnolóxica: utiliza intelixencia artificial, big data, blockchain e outras tecnoloxías para mellorar a eficiencia e a calidade.
- Sostibilidade: Promover procesos ambientais sostibles e prácticas de economía circular.
- Trazabilidade: Garantir a trazabilidade e a integridade dos produtos lácteos desde a produción ata o consumidor
Utilizaranse tecnoloxías de vangarda, como intelixencia artificial, Big Data, Blockchain e sensores avanzados.
Mellorar a eficiencia, a calidade e a trazabilidade na cadea de valor láctea, así como facilitar a recollida de datos en tempo real. No desenvolvemento da ferramenta de trazabilidade e toma de decisións aplicaranse as tecnoloxías máis avanzadas, incluíndo Quantum AI e Blockchain. Esta ferramenta será fundamental para integrar información e permitir unha óptima toma de decisións mediante o uso da intelixencia artificial.
Todos os axentes da cadea de valor láctea, tanto gandeiros como industrias, deben achegar unha gran cantidade de datos sobre calidade e seguridade alimentaria, xestión de instalacións, entre outros, a través de diversas plataformas de comunicación con distintas administracións. Sixtema xoga un papel fundamental traballando nunha ferramenta integradora de datos de calidade e seguridade alimentaria para mellorar a xestión interna e optimizar o rendemento operativo das empresas participantes.
Con 27 meses de duración, SmarTZ4Milk estará rematado en xuño de 2025, marcando unha nova era no sector lácteo galego.
LEVAD-360 é unha solución interna baseada en intelixencia artificial que permite ás persoas da organización, de xeito áxil e seguro:
- Consultar…
Recibimos nas nosas instalacións a visita da Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e da directora do Igape, Covadonga Toca. Un encontro…
Acadamos a 4ª posición no Ranking de Empresas Innovadoras ARDÁN 2025, o que nos sitúa por primeira vez dentro do Top 5 de compañías máis innovadoras de Galicia…